ASIR 1º · Curso 2025/2026 · CIFP A Carballeira

Implantación de
Sistemas Operativos

Programación didáctica oficial do módulo MP0369. Aquí atoparás as unidades didácticas, os criterios de avaliación, os contidos e todo o necesario para o curso.

213
Horas anuais
7
Sesións semanais
4
Unidades didácticas
8
Resultados de aprendizaxe
Centro
CIFP A Carballeira-M. Valcárcel
Ciclo
ASIR · Grao Superior
Código
MP0369 · Grupo A
Docente
Peña Pérez, Silvia María
Ano académico
2025 / 2026
Modalidade
Presencial · Réxime xeral

Unidades Didácticas

Fai clic en cada unidade para ver os resultados de aprendizaxe, criterios de avaliación e contidos.

Resultados de Aprendizaxe e Criterios de Avaliación
  • Identificáronse os elementos funcionais dun sistema informático.
  • Identificáronse as características, as funcións e a arquitectura dun sistema operativo.
  • Comparáronse sistemas operativos, así como as súas versións e licenzas de uso.
  • Realizáronse instalacións de sistemas operativos.
  • Prevíronse e aplicáronse técnicas de actualización e recuperación do sistema.
  • Arranxáronse incidencias do sistema e do proceso de inicio.
  • Utilizáronse ferramentas para coñecer o software base instalado.
  • Elaborouse documentación de soporte relativa ás instalacións efectuadas.
  • Planificáronse, creáronse e configuráronse contas de usuario, grupos, perfís e políticas de contrasinais locais.
  • Asegurouse o acceso ao sistema mediante o uso de directivas de conta e de contrasinais.
  • Actuouse sobre os servizos e os procesos en función das necesidades do sistema.
  • Instaláronse, configuráronse e verificáronse protocolos de rede.
  • Analizáronse e configuráronse os métodos de resolución de nomes.
  • Adaptouse o uso dos sistemas operativos para sistemas portátiles.
  • Utilizáronse máquinas virtuais para realizar tarefas de configuración de sistemas operativos.
  • Documentáronse as tarefas de configuración do software de base.
  • Comparáronse diversos sistemas de ficheiros e analizáronse as súas diferenzas e vantaxes.
  • Describiuse a estrutura de directorios do sistema operativo.
  • Identificáronse os directorios contedores dos ficheiros de configuración do sistema.
  • Utilizáronse ferramentas de administración de discos para crear particións, unidades lóxicas e volumes.
  • Implantáronse sistemas de almacenamento redundante.
  • Implementáronse e automatizáronse plans de copias de seguridade.
  • Administráronse cotas de disco.
  • Documentáronse as operacións realizadas e os métodos para a recuperación ante desastres.
Contidos
Resultados de Aprendizaxe e Criterios de Avaliación
  • Creáronse dominios, subdominios e bosques.
  • Administráronse contas de usuario e de equipamentos.
  • Centralizouse a información persoal dos usuarios mediante perfís móbiles e cartafoles persoais.
  • Creáronse e administráronse grupos de seguridade.
  • Creáronse patróns que faciliten a administración de usuarios con características similares.
  • Organizáronse os obxectos do dominio para facilitar a súa administración.
  • Utilizáronse máquinas virtuais para administrar dominios e verificar o seu funcionamento.
  • Documentouse a estrutura do dominio.
  • Incorporáronselle equipamentos ao dominio.
  • Configuráronse bloqueos para accesos non autorizados ao dominio.
  • Administrouse o acceso a recursos locais e recursos de rede.
  • Tivéronse en conta os requisitos de seguridade.
  • Implementáronse e verificáronse directivas de grupo (GPO).
  • Asignáronse directivas de grupo.
  • Documentáronse as tarefas e as incidencias.
Contidos
Resultados de Aprendizaxe e Criterios de Avaliación
  • Identificáronse os obxectos monitorizables nun sistema informático.
  • Identificáronse os tipos de sucesos.
  • Utilizáronse ferramentas de monitorización en tempo real.
  • Monitorizouse o rendemento mediante rexistros de contador e de seguimento do sistema.
  • Planificáronse e configuráronse alertas de rendemento.
  • Interpretáronse os rexistros de rendemento almacenados.
  • Analizouse o sistema mediante técnicas de simulación para mellorar o rendemento.
  • Elaborouse documentación de soporte e de incidencias.
  • Administráronse dereitos de usuario e directivas de seguridade.
  • Identificáronse os obxectos e os sucesos auditables.
  • Elaborouse un plan de auditorías.
  • Identificáronse as repercusións das auditorías no rendemento do sistema.
  • Auditáronse sucesos correctos e erróneos.
  • Auditáronse os intentos de acceso e os accesos a recursos do sistema.
  • Xestionáronse os rexistros de auditoría.
  • Documentouse o proceso de auditoría e os seus resultados.
Contidos
Resultados de Aprendizaxe e Criterios de Avaliación
  • Instalouse software específico segundo a documentación técnica.
  • Realizáronse instalacións desatendidas.
  • Configurouse e utilizouse un servidor de actualizacións.
  • Planificáronse protocolos de actuación para resolver incidencias.
  • Seguíronse os protocolos de actuación para resolver incidencias.
  • Deuse asistencia técnica a través da rede e documentáronse as incidencias.
  • Elaboráronse guías visuais e manuais para instruír no uso de sistemas operativos.
  • Documentáronse as tarefas realizadas.
Contidos

Avaliación

Sistema de cualificación, recuperación e avaliación inicial do módulo.

Peso de cada UD na cualificación final
UD1 · Instalación e configuración de SO 35%
UD2 · Administración de dominios 35%
UD3 · Monitorización e auditoría 20%
UD4 · Software cliente/servidor 10%
Avaliación inicial
Realizarase nas primeiras sesións do curso co obxectivo de coñecer o punto de partida do alumnado. Inclúe un cuestionario individual sobre hardware, software e experiencia con sistemas operativos, e unha actividade diagnóstica práctica en parellas ou pequenos grupos. Non ten efectos na cualificación final.
Recuperación de UDs
Ao remate do curso, o alumnado que teña unidades sen superar poderá realizar probas específicas de recuperación por unidade. Cada proba terá cualificación independente que substituirá a nota anterior se é máis favorable. A nota final é a media ponderada das UDs.
Proba extraordinaria
O alumnado que non supere o módulo na avaliación ordinaria terá dereito a unha proba extraordinaria global de carácter teórico-práctico, que abranguerá os contidos fundamentais das 4 UDs. Considérase superado o módulo con nota igual ou superior a 5,0.
Comunicación periódica ao alumnado
O profesorado informará periodicamente o alumnado sobre o grao de superación de cada unidade didáctica. A aula virtual recollerá as datas e condicións das probas de recuperación.
Medidas de reforzo educativo
Detección temperá de dificultades, reexplicacións e boletíns de consolidación, titorías individuais ou en grupos reducidos, materiais de apoio (vídeos, mapas conceptuais, chuletas de comandos) e agrupamentos flexibles con apoio entre iguais.
Instrumentos de avaliación
Combínanse probas escritas teórico/prácticas (PE), listas de cotexo (LC), táboas de observación (TO) e outros instrumentos de avaliación, adaptados a cada UD e ao tipo de resultado de aprendizaxe que se avalía.

Educación en Valores

Os valores intégranse de forma transversal en todas as unidades didácticas, a través das actividades de aula e laboratorio.

Responsabilidade e rigor técnico
Revisión das actuacións antes de dar por rematado o traballo. Documentación de todo o que se fai, conservación de probas e respecto aos procedementos establecidos.
Seguridade e uso ético da información
Confidencialidade, integridade e dispoñibilidade da información. Uso responsable das credenciais e respecto á privacidade doutras persoas usuarias.
Autonomía e iniciativa
Diagnóstico e resolución de incidencias seguindo protocolos antes de solicitar axuda. Busca de información en fontes técnicas fiables e proposición de solucións.
Cooperación e traballo en equipo
Actividades en parellas ou grupos con roles rotativos (técnico, usuario, documentador). Linguaxe clara e respectuosa ao explicar problemas e redactar informes.
Igualdade e inclusión
Participación equilibrada en grupos mixtos. Respecto ao ritmo de aprendizaxe de cada persoa e clima de aula sen actitudes discriminatorias.

Actividades Complementarias

Actividades fóra do aula para achegar o alumnado á realidade profesional da administración de sistemas.

Charlas e obradoiros con profesionais do sector
Participación de persoas que traballan en empresas de servizos TIC, administración de sistemas, soporte técnico ou seguridade informática, para explicar o seu día a día.
Visitas técnicas a empresas e centros de datos
Visitas a empresas da contorna, centros de procesamento de datos ou servizos informáticos de administracións públicas, para coñecer infraestruturas reais.
Xornadas, feiras tecnolóxicas e actividades do centro
Colaboración en xornadas de portas abertas, semanas técnicas, feiras de proxectos ou actividades internas do CIFP, mostrando instalacións, servizos e experiencias prácticas.
Actividades de divulgación sobre software libre e seguridade
Sesións divulgativas sobre software libre, boas prácticas de seguridade, privacidade e uso responsable das TIC, en coordinación con outros módulos e co departamento.